
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a sexta edición da Festa Vintage que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.
Os comercios participantes ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Ademais haberá actividades de animación nas rúas, algunhas dedicadas especialmente aos máis pequenos e a música tamén será protagonista para amenizar a sesión vermú.
Xoyma colabora coa Festa Vintage organizando unha sesión vermú a mediodía e un concerto pola noite o sábado. Será a carón deste local. E Pastelería Anduriña tamén ofrecerá unha sesión vermú o sábado nas inmediacións deste establecemento.
E diante da xoguetería Buxo, na glorieta de Vilalba, haberá unha sesión de globoflexia para nenas e nenos.
O CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización deste evento.