A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron no Pazo de San Marcos, o VII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. A cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, conta co principal patrocinio da Deputación.
García Porto sinalou que “o Executivo Provincial promove esta iniciativa, co obxectivo de dinamizar a vida cultural das nosas vilas e contribuír a poñer en valor as nosas tradicións con este festival no que actuarán grupos punteiros da musica galega como Os Carecos, Monolious DOP, NAO e Ruxe Ruxe”. Ademais, apoiando está Festivalcontribuímos a consolidar esta cita e, ao mesmo tempo, poñemos en valor o traballo dos nosos grupos e a música popular galega.”
Pajón Camba convidou a todos os visitantes a achegarse á parroquia de Bravos e desfrutar desta cita única na que ademais de música, haberá xogos populares, obradoiros de instrumentos e de bailea cargo do grupo Pesdelán. E agradeceu a implicación da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, “sen o seu traballo este proxecto non sería posible”.
Sabela Ramil agradeceu a colaboración tanto do Concello de Ourol como da Deputación na organización e promoción deste VII Festival Aturuxo. “Ourol e a parroquia de Bravos volventransformarse durante un fin de semana con esta aposta pola cultura, polo rural e a música”. Ademais, sinalou que “este proxecto non sería posible sen o apoio de todo o tecido asociativo e empresarial do Concello de Ourol e dos voluntarios que desinteresadamente prestan o seu tempo para que este evento cultural sexa un éxito un ano máis”, explicou Ramil.
Programa de actuacións
A VII edición do Festival Auturuxo comezará o venres día 20 xullo cunha cea popular e unha foliada aberta ao público e contará coa actuación do grupo Andarivel. A xornada do sábado arrancará ás 13:30 horas coa sesión vermú e outras actuacións musicais. A partir das 17:00 horas haberá animación nas rúas e xogos populares dirixidos a todas as idades e obradoiros de instrumentos con materiais reciclados. Ás 18:00 horas, tamén haberá un obradoiro de baile a cargo do grupo Pesdelán.Ás 22:30 horas comezará o propio festival musical, cos concertos dos grupos Os Carecos, Monolious DOP, NAO e Ruxe Ruxe.A organización ten prevista unha zona de acampada gratuíta ao carón da Igrexa parroquial de Santiago de Bravos.Haberá servizo de autobús gratuíto dende a Estación de Autobuses de Viveiroa Bravos.