No concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro, sábado, o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.
Entre as actividades previstas para Samaín a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza uns obradoiros, nos que se decorarán cabazas, haberá manualidades, etcétera. Comezarán ás 11:00horas e recoméndase inscrición previa.
Pola tarde, de 17 a 20 horas, con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a Festa do Terror, “con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terrorificamente divertida. É moi recomendable acudir disfrazado.
Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e aínda que son de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos”, explica a organización.
Os interesados en obter máis información ou inscribirse poden chamar ó teléfono 982.571.516 extensión 1 ou acudir á Casa da Cultura en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.