![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2022/current-datecustomm/sanroque.png?itok=T7L-9My3)
O restaurante A Horta de San Roque, de Ribadeo, ofrece un menú especial San Valentín desde o venres 11 para cear ata o domingo 13 ao mediodía. É necesario reservar previamente no propio restaurante, que está na rúa San Roque número 44, ou chamando ao teléfono 604.080.569.
O menú, que ten un prezo de 35 euros por persoa, está composto por estes pratos: petiscos do mar (croquetas de chipirón na súa tinta e zamburiñas); turnedó de rape albardado con touciño ibérico; tataki de vaca con mollo vermello e verde; e de sobremesa coulant de chocolate con xeado. Inclúe tamén viños Albariño Pionero e Rioja Azpilicueta, café e infusión.