O grupo teatral Pico do Castro, de Foz, representa “O Randiña” en Vilaselán (Ribadeo) este sábado, 26 de abril

O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da parroquia ribadense de Vilaselán. Será este sábado, día 26 de abril, ás 19:00 horas.

É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Vilaselán.