
O grupo musical Acordeonistas da Mariña, de Burela, actuará no Centro Social de Cangas de Foz este domingo, día 16 de marzo, ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.
É unha actividade incluída no ciclo Música de Primavera, que organiza a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo, de Cangas de Foz.