O Concello de Ourol organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será os días 8 e 10 de xaneiro, luns e mércores, de 16 a 20 horas no Edificio Multiusos.
A organización explica que é unha actividade “enmarcada no acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Galega de Municipios e Provincias. Trátase dun curso dirixido a mulleres cunha condición física normal e consistirá nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación de cara a diversas situacións de violencia de xénero. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.
Para anotarse as interesadas poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).