O Desfile do Entroido de Xove será o 10 de febreiro. Este ano a contía dos premios ascende a 3.830 euros. O programa está organizado polo Concello.

O 9 de febreiro a Concellería de Servizos Sociais organiza o  FESTIVAL DE ENTROIDO da  Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de  Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.

Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 10 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:
   -16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA A CHOCA” de Ribadeo.
  -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
  -18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
   -22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas,  faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
   A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

   Dentro do que son os premios do Desfile, temos dúas importanes novidades:

   -No que atinxe ás categorías, temos unha máis, xa que a categoría de GRUPOS DE 3 A 9 PERSOAS, que antes era unha sóa categoría, este ano desdóblase en dúas: 
  -Grupo de 3 a 9 persoas Categoría Infantil (polo menos a metade máis un dos componentes deben ser menores de 14 anos).
  -Grupo de 3 a 9 persoas Categoría Adultos (polo menos a metade máis un dos componentes deben ser maiores de 14 anos).

A segunda novidade importante atinxe á contía dos premios. O pasado ano entregáronse no Entroido de Xove un total de 2.760 €uros en premios. Pois ben, este ano a contía dos mesmos sube cáseque un 39%, xa que van a ser 3.830 €uros os premios que se van a repartir no noso Entroido;  estas cantidades son líquidas a percibir polos premiados, sen descontos de ningún tipo.

Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2018" EN XOVE

O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
      -O mesmo día do desfile (10 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

As Bases reguladoras da Convocatoria do Desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.