O desfile de Entroido no Valadouro será o 26 de febreiro. Está organizado pola Concellería de Cultura e repartirá máis de 1.500 euros en premios.

O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Cultura organiza o desfile de Entroido o domingo 26 de febreiro. Repartiranse máis de 1.500 euros en premios nas seguintes categorías: infantil individual, infantil parella, infantil grupo, adulto individual, adulto parella e adulto grupo. O desfile dará comezo ás 17 horas.

As actividades programadas por esta Concellería continuarán no mes de marzo coa celebración do Mercado Tradicional Anual de Primavera o día 25.

Neste Mercado ademais das típicas vendas e degustacións dos produtos tradicionais, a hostalería da vila tamén presentará unha variada oferta de tapeo. O Mercado Tradicional Anual de Primavera compleméntase cunha mostra de artesanía e actividades divulgativas sobre a produción agraria do val.

Con esta cita o Concello recuperou unha tradición que fixaba que cada 2 de febreiro e 25 de marzo, se celebraba en Ferreira do Valadouro un mercado anual, ademais dos mercados dos sábados que se viven na capital deste concello cada semana.