O desfile de Entroido en Mondoñedo terá lugar o 25 de febreiro, sábado de Piñata. En total van repartir 5.000 euros en premios.

A cidade episcopal celebra un ano máis o seu Entroido onde se repartirán 5.000 € en premios. A presente edición levarase a cabo o vindeiro sábado día 25 de febreiro e terá actividade festiva ao longo de todo o día.

Comezarán os actos de Entroido na mañá do sábado co Encontro de Baterías de Percusión que este ano será o segundo consecutivo no que se celebre.

A actividade de tarde arrancará ás 17:30h no Campo dos Paxariños, dende onde sairá o desfile – concurso de máscaras que percorrerá as rúas de Mondoñedo para rematar na Praza da Catedral.

Tras disto, como remate da festa, a Orquestra Principal e a Discoteca Onda Norte animarán a xornada na Praza do Concello, onde estará instalada unha carpa. Este será o lugar onde se entregarán os premios do concurso de disfraces, sendo a hora elixida para os infantís ás 22:00h e para os adultos 01:00h. da madrugada.

Dende a organización queremos convidar a todo o mundo a que se achegue a Mondoñedo o sábado 25 para participar do Entroido, ben dentro do concurso ou ben a gozar dun desfile que con seguridade reunirá a un gran número de participantes.

Para ir abrindo boca, previo a este gran desfile, terá lugar no Barrio dos Muíños, o seu segundo Entroido. Será o día 17 e está organizado pola Asociación de Veciños do barrio e no mesmo colabora o Concello de Mondoñedo.

Bases do concurso:

http://www.concellomondonedo.es/.../p_101_contenedor1...