O Concello de Xove convoca Concursos Literario e de Artes Plásticas para celebrar o Día das Letras Galegas.

As Letras Galegas deste ano están adicadas á poetisa Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar esta data un Concurso destinado a nenos e xoves.

Dentro da Convocatoria hai dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos, nenas e rapaces do concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda,  un apoio á língua galega, e por  outra, estimular á xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
  
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:
   -Realizar poesía: poemas  de medida e tema libres.
   -Escribir un relato ou conto: de tema libre.
   -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.
No Concurso Literario poden participar nenos e xoves a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
   -Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
   -Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.

A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto co/s traballo/s a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 10 de maio de 2021; se por cuestións de Covid a Biblioteca pechase ou estivese pechada, a inscrición realizaríase no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de luns a venres, dende as 7.45  ás 15:15 horas),  tamén con data límite de 10 de maio de 2021.