O Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal desde o luns, 1 de xullo, ata o 31 de agosto. Estará en funcionamento todos os días de 12:00 a 21:00 horas.
“Abrimos as instalacións despois das últimas reformas realizadas na zona exterior, renovando as plaquetas e a zona verde, ademais doutras actuacións nas duchas para ofrecer aos nosos veciños e veciñas as mellores instalacións posibles”, asegurou o alcalde de Trabada, Rubén García.
“Un espazo de ocio e lecer para toda a familia, agardamos que o tempo nos deixe disfrutar da piscina estes dous meses”, engade.