O Concello de Cervo programa unha nova edición do Belén de Plastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio. Nesta ocasión a data elixida para desenvolver a actividade é o sábado 7 de decembro e será ás 12:00 horas en Cervo, na Casa do Concello, e ás 17:00 horas, na Casa da Cultura, en San Ciprián.
Os beléns de plastilina permanecerán expostos ao público durante todo o Nadal.