O Concello de Cervo convida a participar nos actos da Romaría de Sargadelos, na honra a Santiago Apóstolo.
Mañá martes, desde as 16:00 horas terá lugar a I Espetada Moura (pincho moruno en castelán); unha iniciativa xove dun grupo de mozos e mozas do municipio, que acompañados pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron hoxe a axenda de actividades. Haberá paintball, tiro con arco e rocódromo, de balde para as persoas asistentes. Será unha xornada solidaria, na que se recollerán alimentos para doar a unha ONG. Para o paintball hai anotadas 80 persoas, que conformarán 16 equipos.
Ás 20.00 horas está previsto que se comecen a servir as espetadas mouras, e a continuación haberá DJ.
Xa o mércores, 25 de xullo, ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión; e, a continuación, sesión vermú a cargo do Dúo Eclipse.