Mañá, domingo, da comezo en Barreiros unha peregrinación a Santiago por etapas a través do Camiño Francés.
A saída en autobús será ás 7:30 horas desde a praza do Concello para chegar ao Cebreiro e desde alí facer a pé o treito ata Triacastela, uns 18 quilómetros. Esta peregrinación está organizada polas Concellerías de Cultura, Medio Ambiente e Turismo e pola OMIX de Barreiros.
Esta nova peregrinación realizarase en nove etapas. A primeira será a única que se faga en domingo, as outras oito serán en sábado, segundo anuncia o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
As persoas interesadas en participar poden obter máis información no teléfono 618 75 25 60. O prezo que pagarán en total será de 55 euros.
O evento foi presentado nas últimas horas polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polos concelleiros José Manuel Gómez Puente e Lorenzo Penabad.