O Concello de Alfoz organiza diversas actividades para os nenos e as nenas durante as datas de Nadal.
Este sábado, 19 de decembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar unha representación de monicreques con O Apalpador e a nena sen medo, da Xanela do Maxín. Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.
O domingo 20 ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura representarase A viaxe do señor López, de Producións Teatrais. A entrada é gratuíta e o aforo será limitado. A actuación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial.
O 28 de decembro desenvolveranse actividades variadas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 10:30 a 13:00 horas, dentro do programa Nadal na Biblioteca. O martes 29 e o mércores 30 en horario de 17:00 a 19:00 horas haberá dinosaurios e un misterio que resolver na Biblioteca. Estas actividades serán gratuítas e os grupos reducidos. É preciso inscribirse antes do inicio e pode solicitarse máis información no teléfono 982 558 001 (ext.2).