A Concellería de Cultura de Burela completa a súa programación para esta semana cunha nova sesión de cine ao aire libre mañá, día 8, ás 22:00 horas na praza da Mariña. Proxectarase a película Spiderman, de regreso a casa.
E o domingo, 12 de agosto, terá lugar o rastrillo popular solidario de 10:00 a 15:00 horas, na praza da Mariña.