O 6 de maio celebrarase en Trabada a I Festa Gastronómica da Enfariñada, na que haberá moitas sorpresas segundo a organización.

Trabada acolle a celebración a 1ª Festa Gastronómica da Enfariñada. A cita terá lugar o domingo, 6 de maio, na Praza do Concello.

Dará comezo ás 13:30 horas e a organización anuncia que haberá moitas sorpresas durante a festa.

O evento pretende poñer en valor a riqueza patrimonial e natural do concello xunto á súa riqueza gastronómica.

Organizan o Concello de Trabada, Trabada Camiño natural, Trabada Futsal e a Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde.