Despois de tres anos, a Fundación Imdecum recupera na súa programación de promoción de fútbol sala de base o Trofeo do Nadal Mariñán. Un total de 7 equipos, e 4 clubs, das categorías Biberón e Prebenxamín daranse cita mañá, 27 de decembro, no pavillón Vista Alegre de Burela.
ED Lourenzá, Santiago de Foz, Escolas Celeiro-Xove FS e Pescados Rubén Burela FS divertiranse ao grande sobre o parqué a partir das 16.00 horas con 9 partidos por diante. Todos os participantes recibirán o recoñecemento na cita cunha medalla, no acto de clausura, previsto para as 21.00 horas.