A Asociación de Xubilados Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza para o 26 de setembro, a Festa na Honra de San Ciprián.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada , o presidente do ente organizador, José Luis Sariego, e outros membros da directiva e da Asociación Terra-Mar; no local que teñen cedido na Casa do Mar, para desenvolver as súas actividades ao longo do ano.
ÁS 12:30 horas está programada unha misa solemne cantada pola coral Terra-Mar; ás 14:30 horas terá lugar a comida por un prezo de 15 euros para os socios da Asociación e de 25 euros para os non socios; e xa ás 17:00 horas dará comezo o baile na Casa do Mar.
O Concello de Cervo convida a todos, veciños e visitantes, a que participen da Festa o vindeiro 26 de setembro.