O 26 de maio seguirá o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa

Este vindeiro domingo o grupo Gemtonics actuará a partires das 13:00 horas na rúa Rosalía de Castro para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo. 

Ata xullo a música chegará tamén á rúa San Roque o 2 de xuño, á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar do Domingueo e de todas as propostas que poderán atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada na nosa vila e nas nosas parroquias”.