O Concello de Xove, a través das Concellerías de Igualdade e Xuventude e Deportes, e tamén da OMIX, organizou unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero:
-Do 20 ao 25 de novembro: ÁRBORE DA IGUALDADE. Instalado na OMIX para todas aquelas persoas que desexen deixar colgadas na árbore as súas mensaxes reivindicativas contra a violencia de xénero.
-Venres, 24 de novembro:
-De 18:00 a 20:00 h.- OBRADOIRO “SEXUALIDADE EN IGUALDADE”. Dirixido a rapaces/as da ESO, vai ser impartido pola sexóloga-psicóloga Raquel Grañan a OMIX.
-Ás 20:00 h.- 3ª ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA “Xove camiña pola igualdade”. Saída da Praza do Concello, continuando por: Camiño Real, Avenida Deputación, Rúa Tomás Mariño e cegada novamente á Praza do Concello.