Este venres, 24 de agosto, terá lugar a Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas, no concello de Xove.
O programa dará comezo ás 10:00 horas coa recepción do gando no campo da Feira. Ás 13:00 horas haberá misa solemne na igrexa parroquial de San Isidoro, ás 13:30 h. sesión vermú e ás 17:30 horas verbena co grupo Vivarium.
No concurso gandeiro haberá dúas modalidades, para o maior número de reses vacunas e maior número de reses cabalares. Os premios en ambos casos serán de 90 euros para o 1º, 70€ o 2º, 50 euros o 3º, 40€ o 4º, 30 euros o 5º, e 20 €o 6º. Todos os participantes neste concurso deberán aportar a carta de saneamento no caso de gando vacún e microchip e libro o gando cabalar.
A partires das 17:30 horas haberá Concurso de Marcha nas modalidades Cruzados e Trotós. Os premios serán de 90 euros para o 1º, 70€ o 2º, 50 euros o 3º, e 30€ o 4º. Os cabalos participantes deberán estar asegurados con seguro de responsabilidade civil e autorizados para participar neste tipo de probas.
Organiza o evento a Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura, e patrocinan o Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.