O departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros organiza as Tardes de Lecer que comezan o luns 21 de outubro.
Haberá talleres de manualidades dirixidos aos maiores de idade do concello. As actividades desenvolveranse, de 16:00 a 19:00 horas, nas Escolas de Celeiro (os luns); en San Pedro (os martes); no centro social de San Cosme de Barreiros (os mércores); en San Pedro (os xoves); e no local social de San Xusto (os venres).
Tamén se realizarán talleres da terceira idade destinados a maiores de 65 anos, xubilados e xubiladas maiores de 60 anos ou persoas con discapacidade que se consideren idóneas para participar nas actividades. Estes talleres terán lugar os luns, no centro social de San Cosme en horario de 17:00 a 18:30 horas; os xoves, no local do campo da festa de Villamar de 16:15 a 17:45 horas; e tamén os xoves, no CEIP San Miguel de Reinante de 18:00 a 19:30 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a inscrición nas propias actividades.