O 21 de marzo en Ribadeo haberá unha sesión de arrolos con Rilo e Penadique. Será no auditorio municipal.

Palma Repalma é o programa do que gozan todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos. 

Este domingo, 21 de marzo, ás 17:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval haberá unha sesión de arrolos con Rilo e Penadique. Denomínase Arre ru  e está destinada ás crianzas de 0 a 3 anos. O prezo da entrada é de tres euros. 

Esta actividade enmárcase no Apego do Concello de Ribadeo.