Da man do xeólogo Francisco Canosa os asistentes realizarán de maneira didáctica, un paseo polo litoral entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non os deixarán indiferentes.
O percorrido dará comezo na praia de Arealonga e rematerá na de Fontela-Valea, a duración será de 3,5 horas e a distancia lineal de 3,5 quilómetros (NON inclúe regreso ao punto de partida). A dificultade é moderada.
Desde a organización recomendan levar roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico.
Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.
As persoas interesadas poden atopar máis información na Axenda da recén estreada web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal.