O colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, anuncia que o día 10 de novembro, domingo, disputarase a sexta edición da Carreira Ao Son do Masma, a última do Circuíto +Kms Barreiros. As actividades empezarán ás 10:30 horas co inicio dunha andaina, ás 11:00 empezarán as carreiras dos nen@s e ás 12 do mediodía será a saída da carreira de absolut@s.
“Xa descansados do inigualable VIII Trail Monte Comado, agora toca rematar cunha carreira máis tranquila nun entorno relaxado como é Río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos”, explica Ollomao.
As inscricións están abertas en www.maiskmsbarreiros.gal e www.ccnorte.com.