Este venres, 30 de setembro, ás oito e media da tarde, na Libraría Bahía de Foz terá lugar un novo encontro literario dentro do programa AFINIDADES ELECTIVAS, que promove o Ministerio de Cultura.
A charla será entre Xesús Fraga e Noemí Sabugal.
Xesús Fraga é autor, entre outras, da novela Virtudes e Misterios, que recibiu o premio nacional de narrativa no 2021. Unha novela que achega ao lector á realidade da migración galega a través do relato da saga familiar do propio autor. Neste caso as mulleres migrantas teñen un papel protagonista e revelador dunha realidade feminina moitas veces agochada no relato da emigración.
Noemí Sabugal é autora, tamén entre outras, da obra Los hijos del carbón, unha crónica sobre a minería do carbón en España. Un relato áxil e ameno, moi ben construido e moi documentado, que desvela coma se de unha novela se tratase, as historias que hai detrás de cada mina. Minas que fóron no seu día eixe central e organizador económico, social e cultural da vida nas concas mineiras ata o día de hoxe, na que logo de diversos procesos sempre traumáticos, están pechadas na súa práctica totalidade.
Desde Libraría Bahía explican que “se trata dun encontro entre unha autora e un autor que rescatan a memoria familiar e colectiva, tráennola á actualidade e nola contan dun xeito engaiolante”.