O día 12 de novembro, martes, de 16:00 a 21:00 horas no Pazo San Tomé, de Mondoñedo, impartirase o curso de sexualidade na adolescencia dirixido a pais/nais, coidadores/as...ou calquera persoa interesada.
Algúns dos contidos do curso son: riscos en sexualidade, pornografía, infeccións de transmisión sexual, embarazos non desexados, anticoncepción, violencia de xénero, abuso sexual infantil e falsos mitos relacionados coa sexualidade.
A inscrición para asistir ao curso, que é gratuíto, pode realizarse nas oficinas de servizos sociais do Concello de Mondoñedo e no teléfono 982.524.003-extensión 8. As prazas son limitadas.