Mamá merece o mellor, regálalle Ribadeo é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia da nai neste 2022 o vindeiro 1 de maio. Acisa Ribadeo sortea 3 premios de 100 euros en vales de compra, cada un deles.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os establecementos terán a disposición dos seus clientes as rifas do sorteo para entregárllelas por cada compra realizada entre os días 23 de abril e 1 de maio. As rifas están numeradas do 0 ao 5.000. Para participar no sorteo deberase realizar unha compra en calquera dos locais asociados a Acisa Ribadeo, sen importe mínimo establecido. Cada local contará con 50 rifas para repartir entre a súa clientela. As papeletas deberán estar seladas por cada establecemento de xeito visible na parte dianteira ou traseira”.
Pérez Prada sinalou que “nesta ocasión sorteamos 3 premios iguais, cada un de eles valorado en 100 euros en vales de compra. O sorteo non será presencial. Realizarase a porta pechada nas oficinas de Acisa Ribadeo o 2 de maio, mediante un sistema de xeración de números aleatorios, de xeito individual cada un deles. O sorteo será emitido a través do facebook da asociación e despois Acisa dará a debida publicade do resultado mediante un comunicado, en redes sociais, na nosa web, en prensa escrita e dixital e nas radios. Os gañadores dos premios coas rifas agraciadas no sorteo terán ata o dia 13 de maio para presentarse nas oficinas de Acisa a recoller o premio, de non facelo perderán o dereito e considerarase como deserto”.
O xerente da asociación ribadense engadiu que “paralelamente, durante estes días, aqueles que o desexen poden participar no concurso fotográfico que teremos activo nas redes sociais, demostrando o moito que queren e coidan ás súas nais. Para facelo so teñen que subir ás súas redes sociais a súa foto, co hastag #querotemama e etiquetar a @acisaribadeo, en facebook e instagram. Os que participen coas súas imaxes entrarán no sorteo dun vale de compra de 50 euros”.
La madre de todas las ciudades
Jesús Pérez tamén se referiu á campaña que dende a COCAHI e as súas asociacións poñen en marcha esta semana para poñer en valor os cascos históricos de España: “dende Acisa e as asociacións que formamos parte dela creamos a campaña La madre de todas las ciudades, co fin de poñer en valor os cascos históricos como lugares de compras, ambiente, comida e tradición. Deste xeito pretendemos que as nosas cidades e pobos recobren a vida normal, a súa esencia comercial e hostaleira, volvendo a ver escaparates ou a gozar das terrazas en vez de mercar a través dunha pantalla. Con esta campaña celebramos tamén o dia dos cascos históricos de España o 29 de abril. A coincidencia coa campaña da nai non é aleatoria, xa que as nosas vilas, son como as nais de todas as cidades, toda gran cidade naceu como unha vila e en todas as vilas os cascos históricos son a nai ou a semente da vila, onde nace a historia dun pobo, do seu comercio e da súa tradición”.