Malasombra Producións chega a Viveiro este sábado, 14 de decembro, con Testosterona da man de Camila Bossa e Luis Iglesia

A representación desta comedia terá lugar o 14 de decembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

A venda de entradas está aberta ata o xoves no teléfono 982560162,en horario de 9 a 14,00 horas e no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na billeteira unha hora antes da función.

Sipnose: O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? 

A autora mexicana Sabina Bernan, propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que sorprenderá cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

O elenco artístico está formado por Camila Bossa e Luis Iglesia.