A fin de semana do venres 27 e sábado 28 de novembro na Librería Bahía “levaremos adiante unha campaña solidaria que consistirá en dedicar o 10% das vendas deses dous días a achegar libros a nenas e nenos de familias con dificultades económicas. Con esta acción pretendemos, en primeiro lugar que estas nenas e nenos reciban un libro que –algo que nos parece importante- escollerán eles mesmos”.
Desde Librería Bahía explican: “queremos tamén devolver á sociedade algo da solidariedade e do apoio que vimos recibindo desde o confinamento e que agradecemos fondamente”.
E engaden: “e tamén pretendemos celebrar doutra maneira este fin de semana que dalgún xeito é a apoteose do consumo a través da moda do Black Friday e darlle un sentido solidario, invitar aos nosos clientes que merquen non só pensando neles mesmos, senón tamén pensando nos demais. O acto de comprar é un acto con moitas implicacións sociais, económicas e ecolóxicas entre outras, e queremos invitar a agudizar a conciencia neste senso”.