O día 11 de novembro celébrase o Día das Librarías. Cielo Fernández, de Libraría Bahía, conta que “este ano por primeira vez neste día está permitido un 10% de desconto en todos os libros”.
E subliña que “na Libraría Bahía faremos este desconto, ademais de sacar os libros á rúa e animala con altavoces nos que soará durante toda a xornada música que, dalgún modo, garda relación cos libros e as librarías. Tamén sortearemos 5 mochilas infantís dun querido personaxe de conto das nenas e nenos”.
Cielo Fernández engade que “desde o gremio de Librarías de Galicia, e desde a Confederación de Gremios do Estado, pretendemos que este día colla cada vez máis forza e sirva para reforzar a imaxe das librarías como espazos que promoven a cultura, que crean valor cultural nas vilas e cidades, rexentados por profesionais que informan, asesoran e prescriben como ninguén porque coñecen o seu oficio”.