Lago, en Xove, celebra as festas do Carme e San Antón do 19 ao 21 de xullo

A parroquia de Lago, no concello de Xove, celebra as festas na honra á Virxe do Carme e San Antón esta fin de semana, do venres 19 ao domingo 21 de xullo. Están organizadas pola Asociación de Festexos A Granda.

As actividades empezarán o venres ás 20:00 horas cunha churrascada estilo Lago e despois, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coa orquestra Súper Top e Conxuro Discomóvil.

O sábado desde as 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú prolongada co dúo D´Caché.

Na presentación dos festexos participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería, Montes, Educación e Cultura, María Dolores Meitín.