Membros do Comité Organizador (Asociación de Festexos A Medorra) xunto co alcalde e a concelleira de cultura fixeron a presentación da IX Festa do Percebe de Xove, que despois do impás da pandemia, volve o 23 de xullo.
Sen dúbida, unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fará as delicias dos xovenses e de todas as persoas que nos visiten por esas datas.
A IX Festa do Percebe dará comezo ás 12 da mañá na Praza do Concello. A xornada estará amenizada pola charanga Os Charangos e por unha disco móvil.
O Concello de Xove colabora coa organización deste evento gastronómico.