Hipócrita Teatro representa “Arte” en Viveiro este sábado, 12 de outubro

Viveiro acollerá este sábado, día 12 de outubro, no Teatro Pastor Díaz, a representación da obra titulada 'Arte', de Hipócrita Teatro. Comezará ás 20:30 horas e terá unha duración total de 70 minutos. A entrada será de balde, non sendo necesaria reserva previa.

Jose Campanari dirixe esta obra de Yasmina Reza cos actores Carlos Rebolo, Teo García e Iván Redono.

Na obra “tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra, con alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero”.