Foz acolle o 11 de novembro un curso sobre sexualidade na adolescencia

O Concello de Foz anuncia que o salón de actos do Instituto de Educación Secundaria (IES) acollerá un curso sobre sexualidade na adolescencia, que está dirixido fundamentalmente a familias e coidadores. Será impartido por Noelia Goás Gómez o día 11 de novembro, luns, de 16:00 a 21:00 horas.

A inscrición, que é gratuíta, realizarase a través do teléfono 633.24.50.28.