Este domingo, 1 de setembro, terá lugar unha nova edición do Día da Bicicleta, que organiza o Concello de Ribadeo

O evento foi presentado esta mañá co Campo de San Francisco con asistencia do alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o xefe comercial de La Voz de Galicia en A Mariña e Ferrol, Luis García, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como representantes das empresas colaboradoras. 

A concentración dos participantes está prevista para as 10:30 horas das inmediacións da Casa do Concello. E a saída está prevista para as 11 da mañá. Haberá camisetas de regalo para todos os participantes, así como outros agasallos doados por BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, La Moda Sport, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola. 

O Día da Bicicleta conta co patrocinio de Vegalsa. A xornada está promovida por La Voz de Galicia e RadioVoz. 

Desde a Concellería de Deportes, Francisco José Silvent, agradece “o apoio e a colaboración de todas as empresas implicadas nesta tradicional cita. Agardamos poder gozar dun percorrido ameno, que ademais é axeitado para todas as idades”.