A Asociación Cultural O Castelo de Alfoz, coa colaboración do Concello, organiza este venres, día 5, a Cabalgata de Reis que sairá da Casa da Cultura ás 16:10 horas.
No percorrido os Reis Magos farán varias paradas comezando na Igrexa das Oiras ás 16:30 horas. Continuará na Igrexa do Pereiro ás 16:45 h., na Capela de Santiago ás 17:05 horas, na Pinguela ás 17:15 h., no Reirado ás 17:30 h., en Vilaude ás 17:45h., na Igrexa de Bacoi, ás 18:00 h., no Trece ás 18:10 h., na Igrexa de Carballido ás 18:20 h., na Igresa Adelán ás 18:35 h. e en A Seara ás 18:45 horas. A Cabalgata ten prevista a chegada ao Castelo de Castro de Ouro ás 18:55 h., onde se recreará un belén vivinte e posteriormente haberá unha chocolatada.
Colaboran na organización desta cabalgata o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.