AciaFozCCA colaborará por sexto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 4 ao de 17 maio.
Pilar García representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala.
Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas aos donativos que @s seus clientes queiran depositar.
José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde AciaFozCCA tamén queremos un ano máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda é importante”. O presidente de AciaFozCCA anima “á clientela dos negocios focenses a participar nesta campaña. A xente respondeu ven os anos anteriores e agardamos que neste 2023 tamén o fagan”.
O Concello de Foz colabora con AciaFozCCA nesta campaña, que foi presentada hoxe.