O Concello de Xove celebra a inauguración do Nadal o xoves, 21 de decembro, ás 19:00 horas, recibindo na Praza a Papa Noel quen estará no Centro Cívico das 19:00 ás 20:00 horas.
O venres 22, ás 21:30 horas, no pavillón de deportes terá lugar o VII Concurso de Karaoke. O sábado 23, ás 20:00 horas, no pavillón de deportes, Saíñas volve representar, dado o seu éxito, o espectáculo Identidade. O luns 25, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, Dani Ríos presentará Danceplay de Nadal. Haberá chocolatada gratuíta.
Esta programación tamén inclúe a celebración da Semana Lecer Blanco que terá lugar do martes 26 ao venres 29 de decembro, con actividades de cociña, manualidades, música, experimentos, xogos, xincanas e educación emocional entre outras. Está organizada pola ANPA Pedro Caselles Rollán.
No comezo do novo ano, o martes 2 de xaneiro, ás 17:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá cine infantil coa película Cars 3. O mércores 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, terá lugar a presentación da curtametraxe de Miguel Gómez Abad rodada en Xove, e titulada Albores.
A programación do Nadal dedica o xoves 4, ao Día dos Nenos con xogos acuáticos na piscina municipal de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 19:30 horas. Tamén haberá hinchables no pavillón municipal de 16:00 a 20:00 horas.
O venres 5 de xaneiro, celebrarase a Cabalgata de Reis que desfilará polas rúas de Xove dende as 19:00 horas e sacaranse fotos cos nenos e nenas no Centro Cívico. Ás 20:00 horas no pavillón de deportes, estará Discoteca Móbil Decibelios.
Esta programación do Concello de Xove concluirá o domingo 7 de xaneiro, coa actuación da Coral Polifónica de Burela, ás 19:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.