O Concello de Alfoz organiza un campamento urbano e cole de verán que se celebrará dos días 17 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres.
O campamento de verán contará con obradoiros creativos que se realizarán os luns, mércores e venres, na aula da OMIX. Están dirixidos e nenos e nenas que cursaron Educación Infantil ou Primaria, e desenvolveranse en horario de 11:30 a 13:00.
Tamén haberá actividades deportivas que terán lugar no pavillón polideportivo. Están dirixidas a nenos e nenas que cursaron Educación Primaria e, se o grupo non é moi numeroso, hai posibilidade de que participen tamén os/as de Educación Infantil. O horario será de 10:00 a 13:00.
O cole de verán está dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, e terá lugar os mércores e venres do 17 de xullo ao 14 de agosto, en horario de 10:00 a 11:15. Esta actividade consistirá na realización de exercicios de atención e concentración, tarefas de lectura e escritura, comprensión lectora, cálculo, razoamento lóxico, etc… O material didáctico poderá aportalo o/a neno/a, como fichas de repaso entregadas na escola ou libros de vacacións, ou facilitárselle durante as sesións.
As fichas de inscrición entregaranse no Concello de Alfoz.