Do venres 14 ó domingo 16 de Abril, a hostalaría da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico pon en marcha a segunda de Edición das Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro.
“Tralo éxito da primeira edición, volvemos a poñer en marcha estas Xornadas gastronómicas que tan boa aceptación tiveron o ano pasado. Durante esta fin de semana poderemos desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa”, indican desde o CCH.
Nesta segunda edición sorprenderán versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación.
Os locais que participan e as súas tapas son:
1.- Mesón O Recuncho.- “Tortizza de porco Celta” 2.- Restaurante Casa Pepi.- “Tortilla de Cruasán e xamón” 3.- Cornelius Taberna Gastronómica .- “Tortilla Camino de Santiago” 4.- La Tortilla Maravilla.- “Tortilla Maravilla” 5.- Pulpería O Panadeiro.- “Tortilla O Panadeiro”
O horario dos locais para servir as tapas será: Casa Pepi e o Recuncho: servirana o Venres e sábado de 13 a 16h e de 20 ata fin de e o Domingo de 13 a 16h. La Tortilla Maravilla: serviraa Venres, sábado e domingo de 10 a 15:30h e de 20:00 a 23 horas. Cornelius Taberna gastronómica: Venres e sábado de 13 a 16h e de 20h ata agotar existencias. Pulpería O Panadeiro: Venres e sábado dende as 19:30h e o domingo de 13 a 16h.
O prezo das tapas será de 3€ e para animar ós clientes a que fagan a ruta e degusten as 5 tapas sortearán 300€ en vales de consumición. En cada local participante, haberá “Flyers das Xornadas” a disposición dos clientes onde poderán selar a casiña correspondente a cada tapa e ó completar as 5 poderán cubrir cos seus datos e indicar cal foi a súa tapa de tortilla favorita. Deposítase nas urnas habilitadas para a ocasión e o luns 17 de abril será o sorteo.
Desde o CCH de Viveiro animan “a tódolos veciños da comarca a achegarse ata Viveiro esta fin de semana e desfrutar dunhas xornadas gastronómicas deste clásico da cociña tradicional española”.