Desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro explican: "trátase da terceira parte da campaña que comezou no mes de marzo e que levaba por título “30 días 30 motivos”. A primeira parte consistiu en publicar unha serie de carteis nas redes sociais, destacando as ventaxas de mercar no pequeno comercio. Cada día publicabase un motivo distinto, así ata completar os 30 días, e no último cartel plantexábase a pregunta “¿qué pasaría se deixásemos morrer o comercio da vila?".
E engaden que "na segunda parte da campaña ofrecemos a resposta a esa pregunta: peche de negocios, pérdida de emprego, rúas escuras, vacías e sen vida... o xoves 31 de maio os escaparates dos negocios asociados ó Centro Comercial amencian empapelados como se pechasen, simulando un pobo sen comercio, servizos, nin hostalaría. Unha acción que causou gran impacto visual e que pretendía amosar ó consumidor en que medida o comercio de Viveiro dalle vida ó mesmo, crea postos de traballo, colaboran cas festas do municipio e patrocinan actividades das distintas asociacións e clubes, manteñen as rúas iluminadas e cheas de vida, realizan sorteos, premios e gran cantidade de actividades ó longo do ano, e cada vez son máis competitivos. E sobre todo desvincularnos da idea de que mercar no comercio local é mais caro.. os negocios levan tempo adaptándose ás novas esixencias do mercado e ós actuais hábitos de compra dando un servizo profesional e adaptado a tódolos petos".
Desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro subliñan que "na terceira parte desta campaña de concienciación sacaremos a pe rúa, literalmente, eses motivos plantexados na primeira parte, colocando ó longo de varias rúas do casco histórico 30 vinilos pegados no chan cada un cun motivo polo que mercar no comercio local. Medirán cada un 130x60 cm polo que será unha acción que causará de novo gran impacto visual, xa que os viandantes poderán ver a cada paso que den un motivo polo que mercar e apostar polo comercio local.. e sobre todo que poidan reflexionar sobre as consecuencias que pode conlevar deixar morrer o comercio da nosa vila".