O Centro Comercial Aberto de Foz colabora cunha campaña solidaria a favor da AECC (Asociación Española de Loita Contra o Cancro) que se desenvolverá do 1 de xuño ao 31 de xullo. Denomínase Colabora dulcemente. As pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma porán á venda galletas solidarias ao prezo de 2 euros co fin de recadar fondos para a delegación local da AECC.
A campaña foi presentada hoxe por Ángeles Piñeiro, de Xoyma; Ángeles Casas, de Amarena; Moncho Castro, de Anduriña; e Toñita García Fra, presidenta da AECC de Foz.
Desde o Centro Comercial Aberto de Foz fan unha chamada á solidariedade e á colaboración doce con esta causa “mercando estas ricas galletas en calquera das pastelerías que participan na campaña. Calquera de nós pode precisar da axuda da AECC nalgún momento”.