O vindeiro 6 de outubro chegará a Burela Desenfreno Cabaret con Sexo, ideas y mucho follón, un espectáculo do que todos falan e ao que todos volven. Trátase dunha peza con textos de Ozkar Galán e Agustín Leirós e coreografías de María de Heredia nas que Hugo Santos, María de Heredia, Lucía González Domínguez e Agustin Leirós serán Skinny Boy, Mary Shave, Lulú Dimanche e Puttanesca. Son 4 artistas galegos internacionais formados entre Vigo, Madrid e Venecia, que tras percorrer os escenarios de Italia, Polonia, Grecia e Chipre volven a Galicia para presentar este cabaret.
Esta función terá lugar o 6 de outubro na Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas.
As entradas estarán a venda na Biblioteca Municipal, Cervecería-Vinoteca O Traste e en www.ticketea.com. O prezo será de 7 euros en anticipada e 10€ en billeteira.