A Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, inicia o 4 de xuño un programa de visitas guiadas por dous expertos. Tamén seguen as habituais desde o día 1.

Desde este verán, e concretamente desde o 4 de xuño poderase realizar un novo tipo de visita á Cova máis grande de Galicia. Acompañados por dous guías expertos, esta proposta ofrece un maior percorrido, duración e grao de dificultade. 

VISITA AO RÍO
A Visita ao Río faise nunha cova en estado natural e ten dificultade media-alta, polo que se solicita un bo estado físico.

A visita, que ten un custo de 30 € por persoa, é guiada en grupos reducidos e a idade mínima son 18 anos. (Grupo mínimo 5 persoas e máximo 8 persoas). 

Proporciónase casco con iluminación, luvas de vinilo, luvas de coiro, cobre-cabelo e un mono refugable con carapucha.

É necesario levar calzado pechado con fondo de goma para evitar escorregar (traelo aparte, para poñer no momento de equiparse antes de entrar en cova). Recomendable bota de montaña alta ou bota de goma que agarre o nocello. 

Tamén se recomenda levar roupa que non importe manchar, roupa para cambiarse tras a visita e máscara.

O punto de encontro do grupo e o guía é a Oficina Municipal de Turismo na Praza da Catedral. O horario de chegada sería ás 10 h no grupo da mañá e ás 16 h no grupo da tarde. O traslado de alí á cova debe facelo cada visitante ou grupo, polos seus propios medios. O guía, irá indicando o camiño.
 
DÍAS E HORAS DE VISITA. Ás 10:00 e 16:00 horas os sábados:
- 4 e 18 DE XUÑO.
- 2 e 16 DE XULLO.
- 6 e 20 DE AGOSTO.
- 3 e 17 DE SETEMBRO.

Información e reservas: OFICINA DE TURISMO DE MONDOÑEDO  982 507 177

Tamén continúan tamén as visitas habituais a Cova e desde o 1 de xuño con oferta todos os días en tres visitas diarias (12, 17 e 18:30 horas). Tamén continúan as visitas escolares ata finalizar o curso escolar. Imprescindible reserva.