Concello de Viveiro e CCH celebrarán con música e reparto de caramelos a noite de Samaín este 31 de outubro

O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico de Viveiro celebrarán a noite de Samaín mañá, 31 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos. 

A conmemoración desta data incluirá música polas rúas, destacando a actuación dun DJ na praza Maior, e reparto de caramelos nas tendas do Centro Comercial Histórico. 

"Agardamos que a rapazada de Viveiro desfrute moito desta festa de Samaín e faga moito truco ou trato", sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. 

"Queremos agradecer ao Centro Comercial Histórico que colabore con nós nestas iniciativas, sempre é un pracer traballar en conxunto", engade a concelleira.