Coas representación desta fin de semana remata a fase de concurso da segunda edición do Certame de teatro Concello de Lourenzá. A gala de entrega de premios será o 9 de decembro nunha carpa climatizada situada no Campo dos Bolos.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o sábado 24 ás 20:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura; e o domingo 25, ás 18:00 horas será o grupo Fauna 113, de Vigo, o que representará a última obra a concurso: Deus, unha comedia, adaptación dun texto de Woody Allen. As dúas representacións serán no salón de actos do Concello e o prezo da entrada é de 3 euros”.
Manuel Arango tamén anuncia que “a gala de entrega de premios será o domingo 9 de decembro ás 19:00 horas na carpa climatizada situada no Campo dos Bolos. Para rematar a gala Arte Estudio Teatro representará Feirantes, baseada na obra de Cunqueiro. A entrada á gala será gratuíta”.