Cervo terá actividades de Samaín do 31 de outubro ao 4 de novembro

O concello de Cervo terá actividades para celebrar o Samaín desde este xoves, 31 de outubro, ata o 4 de novembro, luns.

“En Cervo contamos con Samaín. Achégase esa data terrorífica e desde o Concello de Cervo temos varias propostas para desfrutar en familia”, anuncia o Concello cervense.

A programación comezará este xoves ás 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo, coa actividade Historias con susto para durmir a gusto, a cargo de Rilo & Penadique. Está organizado por Airiños do Xunco.

O venres, 1 de novembro, ás 19:00 horas haberá maxia na Casa do Mar, en San Ciprián.

O sábado, tamén ás 19:00 na Casa do Mar, Dani García ofrecerá o espectáculo titulado Don Gelati

As actividades continuarán o domingo con Chafallas, a vendedora de fume. Será ás 12:30 horas na Casa do Concello de Cervo

E o luns ás 12:00 horas na Casa do Mar haberá un obradoiro de cómic para nenos de 6 a 12 anos. Para participar hai que anotarse por WhatsApp a través do teléfono 683.31.59.39.